martes, 23 de abril de 2013

"LIBROS SOLIDARIOS": INTERCAMBIO DE LEITE POR LIBROS

Ao longo desta semana celebramos na escola a "Semana do Libro". Fixemos uns marcapáxinas que podedes ver expostos nos paneis da entrada do colexio, e tamén elaboramos un libriño cos contos que fixemos nas vacacións. Ademais, imos levar a cabo unha actividade para colaborar coa parroquia de San Rosendo e axudar a aqueles que máis o necesitan. Para iso, o colexio pon á disposición de todos vós (nenos, nenas, pais, nais...) un montón de libros que podedes levar para a vosa casa a cambio dun litro de leite. Hoxe foi o primeiro día e xa recollemos bastantes litros.
Agardamos a vosa participación. Deixámosvos a foto dos primeiros en participar, pero non serán os únicos!!... Xa vos iremos informando.



 

domingo, 7 de abril de 2013

VENRES DE EMOCIÓNS

Este pasado venres foi un día de moitas emocións para os nenos e nenas de 5 anos. 
Por un lado, chegou o tan agardado día da CARREIRA SOLIDARIA, celebrada para axudar a construír pozos de auga en Níxer. Todos estaban desexando correr, e estivemos preparándonos durante moito tempo. A actividade saiu perfecta e todos nos divertimos un montón.
Pero á volta da carreira agardábanos unha despedida. Era o último día de prácticas da profe Andrea e todos estabamos moi tristes. Todos lle dixemos por que a recordariamos sempre e convidámola a virnos visitar sempre que quisexe.
Dende aquí desexámosche todo o mellor, Andrea, e que sempre manteñas esa ilusión e esas enormes ganas de traballar e facelo cada día mellor. Estamos convencidos de que serás unha magnífica profe.