lunes, 28 de enero de 2013

"A ratiña presumida"

Aos nenos e nenas de 5 anos encántannos os contos, tanto os que nos contan as profes como os que contamos nós, ou os que inventamos todos xuntos. Estes últimos días estamos traballando o conto "A ratiña presumida", e con el traballamos exercicios de comprensión, de lectura, de escritura..., e ata nos convertemos en artistas e pintamos a ratiña con pinceis.
Temos o corredor das nosas clases decorado cos debuxos que fixemos. Aquí tedes unhas fotos dos traballos.



 

 




domingo, 27 de enero de 2013

AGASALLO PARA OS NOSOS AMIGOS DE XINZO DE LIMIA

Esta semana celébrase o Día da Paz. No cole celebrarémolo con varias actividades que xa vos iremos contando.
Tamén queremos compartir este día cos nosos amigos de Xinzo de Limia, polo que lles enviamos unha carta para saber como comezaran o novo ano e fixémoslle unha pomba coas mans dos nenos e nenas de cada clase, para que recorden a nosa amizade. Aquí podedes ver como nos quedaron as pombas.

Esperamos que vos gusten!!




jueves, 17 de enero de 2013

Modelo de disfraz


Aquí vos deixamos unhas fotos para que vos fagades unha idea de cómo debería quedar a túnica para o disfraz. E aproveitamos para lembrarvos que en canto a teñades feita a mandedes ao cole para irlle poñendo os complementos.
        Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.          Diana e Ania.







martes, 8 de enero de 2013

OS REIS TAMÉN NOS DEIXARON AGASALLOS NO COLE...

¡¡Esta mañá tocaba volta ao cole despois dunhas longas vacacións!! E atopámonos cunha gran sorpresa. Debemos portarnos moi ben no cole durante todo o ano porque alí, no medio da clase, os Reis tamén nos deixaron xoguetes. Os agasallos viñan acompañados dunha carta que nos escribiron as Súas Maxestades de Oriente.
Rapidamente abrimos todos os paquetes e desfrutamos xogando cos novos xoguetes toda a mañá. Así a volta ao cole foi máis levadeira.





viernes, 4 de enero de 2013

Festival de nadal

A espera mereceu a pena, e aquí vos deixamos a impecable actuación coa que estes pequenos artistas deleitaron a todo o colexio. Dicirvos que estamos sumamente orgullosas polo entusiasmo e a ilusión que os nenos e nenas puxeron nesta actividade, que resultou óptima en todos os ámbitos tanto educativos como de divertimento. Tamén darvos a noraboa e as gracias pola imaxinación e o esforzo que mostrastes á hora de mandalos caracterizados coma vos pideramos. Esperamos que vos guste tanto coma a nós, que non podemos parar de vela!
                                         Un saúdo.                                                    Diana e Ania.



   Pinchade no seguinte enlace para velo     ------------>   VIDEO FESTIVAL