sábado, 27 de octubre de 2012

ACHÉGASE O SAMAÍN

Coma tódolos anos, por estas datas, no cole xa estamos preparando a festa do Samaín que celebraremos o vindeiro mércores 31 de outubro. Fixemos unhas bruxas, que xa veriades expostas no corredoiro das nosas clases, e unha cortina terrorífica para a porta, decorada con cabazas e pantasmas. Tamen escribimos os nosos medos en verso para introducilos no buzón dos medos que queimaremos o mércores para que estes desaparezan.
 Asimesmo aproveitamos para lembrarvos de que o luns xa podedes traer as vosas cabazas decoradas para o concurso e que o mércores os nenos poden vir disfrazados de algo relacionado co medo xa que é algo diferente e que lles fai ilusión. Un saúdo.






jueves, 11 de octubre de 2012

O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA

Como xa sabedes, nas aulas de 5 anos comezamos a traballar sobre o mar, as especies mariñas, a flora do mar, os barcos, os submarinos... Hai moitas cousas que os nosos alumnos queren saber sobre o tema, e durante este trimestre trataremos de darlle resposta a todas as súas inquedanzas.
Pero ademais, nesta semana celébrase o Descubrimento de América. Non quixemos perder esta gran ocasión de aprender máis sobre os barcos e as embarcacións antigas, e aquí tedes os debuxos das carabelas dos nenos e nenas de 5 anos. Podedes velos expostos na parede do corredor das nosas clases.
Agardamos que vos gusten!!