viernes, 8 de junio de 2012

UN ADIANTO DAS FOTOS DE APÍPOLIS

Imaxinamos que a estas alturas os vosos fillos e fillas xa vos contaron moitas das actividades que fixemos na excursión a Apípolis. Foi un gran día no que puideron ver e experimentar todo o que estamos traballando estas últimas semanas na clase sobre as abellas.
Pero, sen dúbida, o que máis lles gustou foi a visita ao apiario, con estes traxes tan simpáticos e cos que estaban guapísimos. Alí portáronse coma valentes, e seguiron todas as recomendacións dos monitores. 

AS PROFES ESTAMOS MOI ORGULLOSAS DO SEU COMPORTAMENTO!!

Nuns días compartiremos con vós todas as fotos da xornada.



sábado, 2 de junio de 2012

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: "APÍPOLIS"

Como xa sabedes, o próximo xoves día 7 realizaremos unha saída a APÍPOLIS. Estamos todos impacientes pola chegada deste día, xa o temos colocado no calendario, e todas as mañás contamos canto falta para a excursión.
Recordámosvos que os nenos/as deben vir vestidos co chándal do cole, e traer un calzado que lles cubra todo o pé, e que sexa de velcro.

Na clase xa hai uns días que comezamos a coñecer cousas das abellas, estamos todos moi interesados en aprender. Pronto poderedes ver algunhas das actividades que estamos a facer.