lunes, 30 de abril de 2012

PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA!!

Un día máis lemos nas aulas os contos preferidos dos nosos compañeiros/as. Hoxe CARLA e PAULA compartiron con nós os seus libros favoritos. Pero as actividades relacionadas coa lectura non rematan aquí; o venres pasado os nenos e nenas do instituto viñeron ao cole a ser os nosos "PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA". Cada un deles preparou un conto, e contáronnolo individualmente. Foi un día marabilloso no que desfrutamos coa lectura, cuns narradores espectaculares. E ademais houbo intercambio de agasallos. Nós fixémoslles uns marcapáxinas-monstro e eles..... eles trouxéronnos de todo!! Aquí vos deixamos as fotos de grupo.

E moitas grazas aos "padriños e madriñas". Agardamos que pronto repitades!!!

                                            





jueves, 26 de abril de 2012

MÁIS CONTOS...

Un día máis chegou a hora da lectura nas clases de 4 anos, o momento máis agardado da mañá. E por que? Porque é cando cada neno comparte cos demais o seu conto favorito. Tres compañeiro máis tiveron a oportunidade de mostrarnos os seus libros preferidos. Aquí tedes os contos de MARÍA, ANXO e KEVIN.




miércoles, 25 de abril de 2012

SEGUIMOS COS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Despois do luns, día forte das actividades relacionadas coa lectura, continuamos coa lendo os nosos contos preferidos, xa que todos quixemos traer o noso á escola e agardamos impacientes o día que o noso libro sexa o escollido. Os últimos contos que lemos foron os de MARCOS, IKER e ALEJANDRO.

                                                  



lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, foi unha xornada moi especial no colexio. Celébrase o Día do Libro. Os nenos e nenas de 4 anos participamos xunto co resto do centro na elaboración de marcapáxinas. Nós fixemos uns coellos moi simpáticos. Estarán expostos nos paneis da planta baixa toda esta semana e despois intercambiarémolos cos nosos compañeiros de nivel. Pero non nos esquecemos da lectura dos nosos contos favoritos. Hoxe tocoulles o turno a Líam e Josune. Aquí vos deixamos un resumo da mañá.

viernes, 20 de abril de 2012

SEGUIMOS DESFRUTANDO DA LECTURA!!

Un día máis continuamos coa lectura dos nosos contos favoritos. Os últimos contos que lemos nesta semana foron os de PABLO, JAVIER CONDE e IVÁN. Aquí vos deixamos as súas fotos cos seus contos preferidos. Pero non perdades detalle que a próxima semana aínda seguiremos con esta actividade!!





miércoles, 18 de abril de 2012

SEGUIMOS COS NOSOS CONTOS PREFERIDOS

Nas clases de 4 anos todos os días seguimos dedicando un anaquiño da mañá á lectura dos nosos contos favoritos. Cada día estamos máis entusiasmados con esta actividade e agardamos con impaciencia a chegada da "hora do conto". Aquí temos as fotos dos contos que lemos onte e hoxe. Son os dos nosos compañeiros NOA, NEREA, SERGIO e SANTIAGO.






lunes, 16 de abril de 2012

MÁIS CONTOS.....

Ao longo desta semana seguiremos coa lectura dos nosos contos favoritos. Hoxe outras dúas das nosas compañeiras compartiron con nós os seus contos preferidos. Esta actividade estanos encantando a tod@s e estamos moi animados con ela.
Deixámosvos as fotos dos contos favoritos de LAURA e CINTIA. A quen lle tocará o turno mañá??...



viernes, 13 de abril de 2012

HOXE UN NOVO CONTO DOS FAVORITOS DOS NEN@S

Co conto de hoxe tivemos a oportunidade de aprender moito sobre os aeroportos, a súa actividade e as persoas que traballan nel. Todos estivemos moi atentos e xogamos a practicar algunhas accións propias das viaxes. Aquí tedes a AARÓN co seu conto preferido.


jueves, 12 de abril de 2012

CONTINUAMOS COS NOSOS CONTOS PREFERIDOS

Hoxe dous novos compañeiros tiveron a oportunidade de mostrarnos os seus contos preferidos, e todos puidemos desfrutar deles. Aquí tedes as fotos dos contos favoritos de BLAS e GABRIEL.



miércoles, 11 de abril de 2012

OS NOSOS CONTOS PREFERIDOS

Un día máis continuamos a ler os nosos contos favoritos. Hoxe tocoulle o turno á nosa compañeira AINARA que compartiu con nós o conto "Hércules".


martes, 10 de abril de 2012

OS NOSOS CONTOS PREFERIDOS

Xa estamos no mes de abril, e coma todos os anos neste mes celebraremos na escola o "Día do Libro".
No noso centro, en cada aula todos os días dedicamos 20 minutos da xornada á lectura de contos, poesías.... Normalmente somos as mestras as que seleccionamos as lecturas, pero este mes os nenos e as nenas seredes os protagonistas, aportándonos os vosos contos favoritos para ler na clase.
Hoxe comezamos esta aventura e deixámosvos as fotos das primeiras historias, lidas hoxe. Son os libros preferidos de LÍA e XIANA. Todos os días iremos colocando novas fotos dos contos que vaiamos lendo.


lunes, 9 de abril de 2012

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE

Neste segundo trimestre algúns de nós xa cumprimos 5 anos. Sen dúbida o que máis nos gusta do noso aniversario é celebralo cos nosos compañeiros e compañeiras. Aquí vos deixamos as fotos dos máis maiores da clase. Felicidades a todos e todas!!