viernes, 30 de marzo de 2012

MARABILLAS DE ESPAÑA


 Ao longo deste último mes, nas aulas de 4 anos estivemos moi entretidos traballando nun libro-resumo de todas as marabillas de España que fomos visitando ata o de agora. É un libro-xogo con moitas actividades para que os pequenos poidan repasar dun xeito divertido todo o que aprendemos na escola.
Todos os nenos e nenas participaron con moita ilusión na súa elaboración. Todos os días agardaban a chegada do momento no que nos poñiamos a traballar nel, e todos traballaron con moito empeño ata rematalo.
E ás mestras quédanos a enorme satisfacción de ver as súas cariñas de alegría e aqueles ollos coma pratos cando o viron completamente rematado, dándolle voltas por todos os lados.
Sen dúbida, unha experiencia moi productiva para todos.

MOI FELICES VACACIÓNS!!!

Lapbook Maravillas de España - presentacion imagenes">

viernes, 23 de marzo de 2012

FACENDO SOPAS DE LETRAS

Como ides poder comprobar, aos nenos e nenas de 4 anos tamén nos gusta moito traballar. Nestas últimas semanas descubrimos unha actividade divertidísima e que nos ten moi enganchados: "AS SOPAS DE LETRAS". Dende que fixemos a primeira alá polo día da Paz, seguimos a traballar nelas, agora cos nomes dos nosos compañeiros e compañeiras. 
E contámosvos un segredo....... estamos moi contentos facendo estas actividades de maiores!!!
Un saúdo e moi boa fin de semana a todos.






martes, 13 de marzo de 2012

A COCIÑA DA IDADE MEDIA

O pasado venres realizamos con Tati unha receita de cociña. As nenas fixemos un rei e os nenos fixemos unha raíña. Pasámolo moi ben elaborándoa todos xuntos. Despois levámola para casa e compartímola coas familias.
Aquí vos deixamos un resumo da xornada, e a receita para que repitades na casa.








viernes, 2 de marzo de 2012

FESTAS DE SAN ROSENDO




      Ao longo de esta semana, estiveron montando a carón do cole as atraccións para as festas de San Rosendo., que como xa sabedes celebraranse esta fin de semana. Todos seguimos esta montaxe con moita interese e incluso fomos varios días a supervisar a instalación para que todo vaia ben. Manuel explicounos como montaban a pista dos coches de choque e Kevin ensinóunos tamén o seu hinchable. Hoxe xa estaba todo listo para que comezase a festa. Saúdos e que o pasedes moi ben.