lunes, 28 de mayo de 2012

NOVA CARTA DOS AMIGOS DE XINZO

Esta mañá, cando chegamos á escola, esperábanos unha gran sorpresa: un paquete enorme moi ben envolto e unha carta dos nosos amigos de Xinzo.
Contábannos moitas cousas, novidades do seu día a día e o traballadores que son. E enviáronnos uns cadros preciosos feitos por eles mesmos. Agora estamos buscando o sitio máis axeitado na aula para colgalos. Hoxe queremos compartir con todos vós os agasallos que nos enviaron os nosos amigos.

Xa estamos matinando na resposta!!  Moitas grazas amigos!!




"CONSTRUÍNDO PARÍS"

Nestas últimas semanas estivemos coñecendo moitas cousas sobre París. Vimos moitos dos seus monumentos máis importantes, coñecemos a súa bandeira e algunhas batallas importantes, aprendemos a dicir algunhas palabras en francés, e descubrimos un lugar máxico chamado Disneyland París que moito nos gustou. Traballamos un montón e ata puidemos deixar voar a imaxinación para construír unha torre Eiffel de plastilina da maneira que se nos ocorrese. Despois fixemos unha torre todos xuntos con palillos e plastilina.

E, para rematar, decidimos facer unha maqueta cos sitios e monumentos que aprendemos.

Aquí vos deixamos unha foto do noso pequeno París!!


viernes, 25 de mayo de 2012

PAUTAS PARA CONTAR UN CONTO

Algúnhas nais pedíronnos axuda ou consello sobre como contarlles os contos aos nenos. Aquí vos deixanos dous enlaces que esperemos vos sirvan de axuda.
Por certo xa temos un papá que se anima a contar un conto. Esperamos que vos vaiades animando o demáis.

Pautas para contar un conto

Vídeo de como se conta un conto

martes, 22 de mayo de 2012

MAMÁS CONTACONTOS


   Como xa sabedes, estes días sodes vós os protagonistas xa que vos brindamos a posibilidade de vir a contarlles un conto aos nenos. Cada día apúntase algunha mamá máis pero aínda botamos en falta a algún pai xa que aínda non se animou ningún. Dicir que os nenos están encantados coa iniciativa e nós estamos moi satisfeitas coa cantidade de nais que están participando. Aínda estades a tempo de apuntarvos. Animádevos, é toda unha experiencia. Deixámosvos algunhas fotos a ver si vos entra o "gusanillo"
 Un saúdo


Raquel (mamá de Marcos)

Eva (mamá de Sara)

Mónica (mamá de Noa)

Sonia (mamá de Blas)

O MAGO NOEL

O pasado martes día 15, veunos visitar ao cole un invitado moi especial. O Mago Noel que nos fixo pasar un rato fantástico cos seus trucos e chistes. Aquí vos deixamos algunha fotos do espectáculo. Un saúdo.




lunes, 21 de mayo de 2012

RESPONDEMOS A CARTA AOS NOSOS AMIGOS DE XINZO

Como xa saberedes polos vosos fillos e fillas, na semana pasada recibimos correo dos nenos e nenas de 4 anos dun colexio de Xinzo de Limia, en Ourense. Na carta invitábannos a ser os seus amigos. Ao longo da semana redactamos entre todos as cartas de resposta, unha carta para os nenos/as de 4 anos A, e outra para os nenos/as de 4 anos B. Aquí vos deixamos o que entre todos decidimos contarlles nas cartas, e uns agasallos que fixemos nas clases para mandarlles. XA ESTAMOS ESPERANDO A SÚA RESPOSTA CON IMPACIENCIA!!!

lunes, 14 de mayo de 2012

NOVA ACTIVIDADE: "FAMILIAS CONTACONTOS"

Dende sempre a nós, como mestras destes dous grupos de alumnos, gustanos a idea de que as familias participen o máximo posible nas actividades escolares dos seus fillos. Estes últimos días estivemos a pensar na posibilidade de involucrarvos na "HORA DE LECTURA", para que sexades as familias as que vos animedes a contarnos contos.
Xa temos moitas voluntarias, e outras que xa se están animando. Aquí vos deixamos o calendario coas primeiras familias apuntadas. Mañá mesmo comezamos coa primeira!! 

Ánimo a todos os demais!!


jueves, 10 de mayo de 2012

CARTEÁMONOS CON NENOS E NENAS DOUTRO COLE!!

Os nenos e nenas de 4 anos comezamos a poñer en marcha un novo proxecto: a CORRESPONDENCIA ESCOLAR. Hoxe recibimos carta dos nenos e nenas de 4 anos dun colexio de Ourense. Explicábannos que lles gustaría moito ser amigos nosos, que no cole lles gustaba xogar e aprender moitas cousas, e que lles gustaría que lles contestaramos contándolles moitas cousas.
Ademais enviáronnos uns agasallos: pegatinas para todos!!
Agora estamos preparando a resposta con moita emoción. A través do blog podedes seguir esta actividade que esperamos sexa moi productiva para todos. Aquí tedes as fotos das dúas clases cos agasallos que nos enviaron.

MOITAS GRAZAS AMIG@S DE XINZO!!




ÚLTIMO DÍA DOS "CONTOS PREFERIDOS"

Hoxe chegamos ao final na lectura dos contos favoritos. Tanto os nenos como as mestras estivemos moi entusiasmados con esta actividade dende que comezamos ata o seu remate. Aos nenos e nenas das nosas clases xa lles gustaban moito os contos, pero dende que levamos a cabo esta idea, podemos dicir que é a hora preferida da mañá. Despedímonos desta actividade cos contos preferidos de JAVIER e DIANA.
Pero as actividades relacionadas cos contos non rematan aquí. AGORA TÓCAVOS ÁS FAMILIAS PARTICIPAR COMO CONTACONTOS. Xa temos algunha voluntaria para a semana que vén. Ánimo a todos os demais!!

                                                                    


miércoles, 9 de mayo de 2012

CONTINUAMOS COS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Nesta semana seguimos lendo os nosos contos preferidos. Nestes últimos días lemos os contos dos nosos compañeiros SAÚL e GABRIEL. Aquí tedes as súas fotos cos libros que trouxeron e que moito nos gustaron.





lunes, 7 de mayo de 2012

OS NOSOS CONTOS PREFERIDOS

Cada día quedan menos contos dos que fomos traendo das nosas casas para contar. Pero con esta actividade logramos que o intre de lectura sexa o máis agardado da mañá. Nestes últimos días tocoulles o turno a SARA e IRENE, e a XIANA e LAURA que nos trouxeron dous contos e hoxe repetiron. Aquí tedes as súas fotos.



                                                          


CONTOS E MÁIS CONTOS



Agora que xa case estamos rematando a actividade de ler o conto preferido de cada neno, propoñémosvos outra que pode resultar interesante para todos. O pasado venres veu á clase a profe Miriam a contarnos o conto de Garabancińo. Como sabedes, Miriam é a nai dunha das nosas compañeiras, e esto deunos unha idea. Animámosvos a todos vós, pais, nais, avós, etc... a que veñades un día a clase a contarlles un conto aos nenos. Se vos animades simplemente tedes que falar con nós e fixaremos unha data. Estamos seguras de que aos neno faralles moita ilusión tervos na clase. Así que agardamos a vosa participación.