Un día máis lemos nas aulas os contos preferidos dos nosos compañeiros/as. Hoxe CARLA e PAULA compartiron con nós os seus libros favoritos. Pero as actividades relacionadas coa lectura non rematan aquí; o venres pasado os nenos e nenas do instituto viñeron ao cole a ser os nosos "PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA". Cada un deles preparou un conto, e contáronnolo individualmente. Foi un día marabilloso no que desfrutamos coa lectura, cuns narradores espectaculares. E ademais houbo intercambio de agasallos. Nós fixémoslles uns marcapáxinas-monstro e eles..... eles trouxéronnos de todo!! Aquí vos deixamos as fotos de grupo.
E moitas grazas aos "padriños e madriñas". Agardamos que pronto repitades!!!