miércoles, 29 de febrero de 2012

FESTEXANDO O ENTROIDO...!!!

Aquí vos deixamos o que vos prometemos: unha completa reportaxe das actividades da semana do Entroido. Todos e todas desfrutamos moito desta semana tan especial. Esperamos que vos guste!!


viernes, 17 de febrero de 2012

UN PEQUENO ADIANTO DA FESTA DO ENTROIDO

Hoxe celebramos no cole o día do Entroido. Foi un día cheo de ilusións. Aquí vos deixamos unha foto da xornada como adianto do que estamos preparando. Pedímosvos uns días de agarda mentres xuntamos todas as fotos e facemos unha pequena montaxe. 

E tamén aproveitamos para agradecervos a todas as familias a vosa implicación, porque fixestes que os vosos fillos/as pasasen un día marabilloso.



jueves, 2 de febrero de 2012

O DÍA DA PAZ


   

Como xa sabedes, o pasado luns 30 de xaneiro celebramos no cole o día da paz. Para traballar o tema na clase, coñecimos a algúns personaxes moi importantes e influíntes na historia da paz mundial como foron Martin Luther King, Nelson Mandela, Mahatma Gandhi, Rigoberta Menchú e a Madre Teresa.



Tati, na biblioteca contounos o conto "A Bibliotecaria de Basora" e o "Biblioburro" que son contos que fomentan a lectura e a solidariedade con outros pobos que carecen de recursos. Con estes contos fixemos dous murais que nos quedaron tan bonitos que Tati os colocou á entrada da biblioteca.


E xa para finalizar entre todos os nenos e profes do cole fixemos no chan do patio de entrada un mural con xices de cores no que se podía ler a frase "aprender en paz" tanto en castelán como en inglés. Deixámosvos algunhas fotos como resumo dos traballos realizados. Saúdos.

 









miércoles, 1 de febrero de 2012

ACHÉGASE O ENTROIDO

Xa falta pouco para o Entroido e estes días na escola estamos preparando os complementos que levaremos no desfile, o venres 17 de febreiro. Este ano o tema elixido polo centro é a Idade Media, e os nenos e nenas de Infantil participaremos vestidos de bufóns.
Esta é a foto do disfraz, que xa todos tedes nas vosas casas, e ao que lle podedes engadir todo aquilo que vos guste: cascabeis, pompóns...

VÉMONOS NO DESFILE!!