viernes, 27 de enero de 2012

DECORAMOS AS BOLSAS PARA OS CONTOS

Nesta semana os nenos e nenas de 4 anos traballamos moito. Aquí vos deixamos as bolsas que pintamos para poder levar nelas un conto da biblioteca cada fin de semana. O poliño que vedes é "Pío Leo", a mascota da biblioteca para os que aínda estamos comezando a ler. Esperamos que vos guste!!
E moi pronto poderedes ver un resumo do día de hoxe, no que nos divertimos moito facendo galletas.


lunes, 23 de enero de 2012

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE


Pouco a pouco ímonos facendo maiores... e no primeiro trimestre todos cumprimos 4 anos. O día do noso aniversario convértese nunha xornada moi especial e emocionante e compartímolo con moita ilusión cos compañeiros no cole. Mirade que ben o pasamos!!!
Por certo, moitas felicidades a tod@s!!!

domingo, 15 de enero de 2012

ARMOUSE O BELÉN


Como máis vale tarde que nunca, aquí vos deixamos o "Making off" do noso belén, co que deixamos abraiado ao concello do Porriño (non era para menos). Moitas grazas a todos por todo.


jueves, 12 de enero de 2012

COCIÑEIROS POR UN DÍA

Os nenos e nenas de 4 anos quixemos converternos en cociñeiros por un día. Coa axuda das mestras elaboramos uns riquísimos pinchos de froitas e, para rematar, trufas con magdalenas. A experiencia encantounos e en breve repetiremos!!