domingo, 27 de noviembre de 2011

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO



Como xa sabedes, o pasado venres, todos os nenos e nenas do cole participamos na formación dunha cadea humana, xunto cos nenos do CPI da Ribeira e os do instituto, como protesta contra a violencia de xénero. A saída foi curtiña pero todos quixemos participar nun acto como este, xa que chama á solidariedade e esperta en todos uns valores que non debemos esquecer.



jueves, 24 de noviembre de 2011

SAÍDA A INDIANA BILL

A primeira saída do curso fíxose esperar, pero esa espera haberá valido a pena. O próximo venres día 2 de decembro, todos os nenos e nenas de infantil saíremos de excursión a Indiana Bill. Esta é unha das saídas máis divertidas, non só para os nenos, senón tamén para as profes. Se non o credes só tedes que mirar as fotos. Esperamos que todos os nenos se animen a acompañarnos xa que estamos seguras de que o pasarán igual de ben que o ano pasado ou aínda mellor!



jueves, 17 de noviembre de 2011

O BLOG COMEZA A FUNCIONAR

Querémosvos agradecer a rapidez coa que nos destes o voso sí a este proxecto. Pronto poderedes ver algunhas das actividades que realizamos ata o momento. Saúdos  Ania e Diana

martes, 15 de noviembre de 2011

BENVIDOS

Coa finalidade de compartir coas familias algúns dos momentos que se viven nas aulas, nace este blog que, esperamos, sexa de moita utilidade.